Fillas de Cassandra rebenta Balaídos na estrea de As Celtas
-
Interpretaron 'Lisístrata' e 'Tataravoa'
-
A avoa de María Soa, abonada histórica do Celta, non se perdeu este momento
-
Camila Pescatore y Ana Toubes hacen historia ante 6.534 espectadores en Balaídos
As Celtas viven este sábado o seu gran día. O primeiro partido oficial da súa historia merecía un gran escenario, o estadio de Balaídos. Tamén merecía o apoio de toda a afección, entregadas ás xogadoras dirixidas por Vicky Vázquez. O estadio é unha festa, e toda festa tamén merece dun gran concerto. O Celta de Vigo non dubidou e apostou por convidar a un dos grandes grupos da nova escena musical galega, Fillas de Cassandra.
As súas cancións retumban en cada partido que o primeiro equipo e a Celta Fortuna xogan en Balaídos. 'Lisístrata', coñecida como 'Varre vasoira'; 'Tataravoa' ou 'As Moiras' son himnos que o celtismo berra cada fin de semana.
🎶 𝐴 𝑚𝑖𝑛𝑎 𝑡𝑎𝑡𝑎𝑟𝑎-𝑡𝑎𝑡𝑎𝑟𝑎-𝑡𝑎𝑡𝑎𝑟𝑎-𝑡𝑎𝑡𝑎𝑟𝑎𝑣𝑜𝑎 𝑒𝑠𝑡𝑎𝑟𝑖𝑎 𝑐𝑜𝑛𝑡𝑒𝑛𝑡𝑎
E nós tamén de tervos aquí, @fillasdecassmp3 pic.twitter.com/2JtDFW6u2W
— As Celtas (@AsCeltas) September 7, 2024
As viguesas María Soa e Sara Faro saltaron ao céspede no descanso do encontro que As Celtas e o Vitoria FC disputan este histórico sábado en Balaídos. Fillas de Cassandra foron interpretando as súas cancións máis coñecidas, incluídas no seu exitoso disco 'Acrópole'.
A bancada respondeu gozando dun emocionante espectáculo no que a música popular galega, que vive unha idade de ouro grazas a grupos como Tanxugueiras, Grande Amore, The Rapants, Dirty Suc, Terbutalina ou Mondra, actualizouse con sons electrónicos, sintetizadores e mestizaxe sen complexos.
Adicado a todas as tataraboas, por @fillasdecassmp3‼️ https://t.co/WrVCIx1B5E pic.twitter.com/lLafB8IyUL
— Mundo Celeste (@MCeleste1923) September 7, 2024
Un pequeno concerto, como recolleu Mundo Celeste, cunha visita especial, a avoa de María Soa, tamén entraba no céspede na súa cadeira de rodas. Abonaba histórica do Celta de Vigo, non se quería perder un momento tan especial para o club como para a súa neta.
Grazas @AsCeltas e @RCCelta por deixarnos formar parte dunha xornada histórica. Hoxe cantamos por todas nós en todos os espazos. pic.twitter.com/s1iBZp1Bue
— fillasdecassandra.mp3 (@fillasdecassmp3) September 7, 2024