Oficial: el meta Pablo Brea renueva con el Dépor
Comienzan días de movimientos en los despachos del Deportivo. El club herculino ha hecho oficial este mediodía la renovación del portero canterano Pablo Brea. El meta compostelano amplía su contrato hasta junio de 2024.
#ANOSACANTEIRA | Pablo Brea renova por tres temporadas co #Dépor https://t.co/59VnqBnku0 Parabéns Pablo, seguimos medrando xuntos! pic.twitter.com/DSzE0ypaLe
— RC Deportivo (@RCDeportivo) May 3, 2021
El comunicado oficial del club:
"Pablo Brea Fontáns (Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001) renovou o seu contrato co RC Deportivo por tres campañas.
Brea cumpre actualmente a súa sexta temporada nas filas deportivistas, aínda que unha delas, a 2019-2020, xogou cedido no Coruxo FC. O porteiro incorporouse á disciplina branquiazul no verán de 2015 procedente do Santiago de Compostela CF para formar parte do Cadete B.
O gardameta compostelán é un habitual nos adestramentos do primeiro equipo, co que debutou fai máis de tres anos no XIX Memorial Moncho Rivera, fronte ao SC Corinthians Paulista en ABANCA-RIAZOR. Durante a campaña 2016-2017, Brea foi citado en dúas ocasións para xornadas de adestramento coa selección española sub-16, aínda que non chegou a disputar ningún partido.
No presente curso, Pablo Brea disputou 13 encontros, 12 deles como titular, co RC Deportivo Fabril no Grupo 1 de Terceira División.
Con esta ampliación de contrato, o porteiro santiagués queda vinculado ao RC Deportivo até xuño de 2024"