Es Noticia

El Dépor renueva el contrato de Álex Bergantiños

El capitán del Deportivo, Álex Bergantiños (Foto:RCD)

Álex Bergantiños, el incombustible capitán del Deportivo seguirá vistiendo la camiseta blanquiazul las dos próximas temporadas. Nadie dudaba de su compromiso después de las palabras del futbolista coruñés tras el descenso a Segunda B. Él siempre quiso seguir y este lunes, el equipo de su corazón ha hecho oficial su renovación.

El emotivo anuncio del Deportivo:

"Alejandro Bergantiños García (A Coruña, 7 de xuño de 1985) renovou o seu compromiso co deportivismo, ao prolongar o seu contrato dúas temporadas máis.

Con 254 aparicións coa camiseta branquiazul, Álex é o 26º xogador con máis partidos oficiais na historia do Club, empatado con Diego Tristán e moi preto de Pedrito (262), Djukić (271), Ballesta (278), Alfonso Castro (280) e Naybet (284).

Pasaron pouco máis de 9 anos do seu tardío debut co primeiro equipo deportivista, pois antes de dar o salto foi cedido a Xerez durante dúas campañas, mentres que noutra máis estivo a préstamo na Granada e o Gimnàstic de Tarragona. Álex estreouse co Dépor con 26 anos, o 27 de agosto de 2011, en partido de Segunda División en Riazor ante o Recreativo de Huelva (1-0).

A pesar das habituais cesións, Álex pertence á disciplina deportivista desde que ingresou no Club sendo xuvenil, en 2002. Desde a súa chegada procedente do Imperátor, Álex está a comezar a súa 19ª temporada como futbolista branquiazul.

Álex sempre demostrou ser un exemplo de responsabilidade fóra do campo e de compromiso e limpeza dentro del. Isto último demóstrao o feito de que nos seus máis de 400 partidos no fútbol profesional nunca viu unha cartolina vermella"

Escribir comentario 0 comentarios
Deja una respuesta
Su comentario se ha enviado correctamente.
Su comentario no se ha podido enviar. Por favor, revise los campos.

Cancelar