Este 25 de xullo celebrase o Día de Galicia coa festividade do Santiago Apóstolo, unha data que non esqueceu o Celta, os seus xogadores e a sua afección que quixeron recordar a festa da toda a comunidade galega. O Celta, dende primeiras horas da mañá felicitou a tódolos galegos e galegas este 25 de xullo, una felicitación a que non tardaron en sumarse xogadores e afección.
Entre eles o exporteiro do Celta que agora se atopa no Éibar Yoel, que na sua conta de Instagram escribiu estas verbas: "Un día para sentir Galicia, esteamos onde esteamos. Feliz día Terra de Meigas. Outros comoSergi Gómeznon dubidou en amosar a sua felicidade por vivir en Galicia, "Feliz día a todos los gallegos y a aquellos que disfrutan y viven esta maravillosa tierra", posando no famoso banco do alto de Cedeira coa Ría de Vigo de fondo.
A Federación de Peñas do Celta, ex como Gustavo López, Cañizares ou canteiráns como Diego Alende tamén rendiron homenaxe a tan sinalada data nas suas contas nas redes sociais. O mesmo que as distintas peñas do clube, como Centolos Celestes que pediron disfrutar da festa: "Feliz día da Patria, xentiña!!! Gozade, bebede, comede, cantade... Con orgullo e dignidade"
Hoy no es un día cualquiera, hoy es el día de Santiago Apóstol... Inmensa gratitud!!
— SANTIAGO CAÑIZARES (@santicanizares) 25 de julio de 2017
Outras peñas de fora de Galicia como Morriña Celeste desexaron un bo día a tódolos na diáspora con esta mensaxe: "Feliz DíaDeGalicia a tódolos galegos na diáspora!! Paseemos con orgullo 365 días ó ano o nome da nosa terra polo mundo adiante!! morriña".
Feliz día de Galicia a todos! Hoxe e sempre orgullosos do noso, da nosa xente, da nosa terra, dunha vida levando as súas cores e símbolos. pic.twitter.com/lLsfnXx6NO
— Irmandiños 1923 (@irmandinos1923) 25 de julio de 2017
Feliz día da Patria, xentiña!!! Gozade, bebede, comede, cantade... Con orgullo e dignidade.#25xullo
— Centolos Celestes (@CentolosdoCelta) 25 de julio de 2017
Has preferido rechazar las cookies, regístrate para acceder al contenido
El registro permite navegar rechazando el aviso de cookies, pero no implica dejar de recibir publicidad ni acceso a contenido o ventajas exclusivas. Si ya estás registrado, haz click aquí para acceder.
Recuerda que tienes la opción de aceptar las cookies para acceder al contenido sin registrarte
Ben podiades usar máis a miúdo o galego e non só un día ó ano